TÍTULO DO PROXECTO COORDINADO: Os trobadores e a canción de muller: voces e figuras femininas, representacións mentais e cambio social.

TITLE OF THE COORDINATED PROJECT: Troubadours and Women's Song: feminine Voices and Images, ideological Frames and social Change

O proxecto coordinado Medieval  Women’s  Songs pretende trazar un mapa transversal, desde unha óptica pragmática e interdisiciplinar, do papel da muller na lírica europea medieval e das súas proxeccións artísticas, históricas e sociais.

O estudo integral das diferentes facetas que conectan feminidade e lírica medieval ha de permitir  coñecer mellor o alcance real de fenómenos como o mecenado feminino ou a autoría feminina nas diferentes rexións de Europa; e este mellor coñecemento da realidade histórica determinará forzosamente unha nova comprensión do discurso artístico e poético de/sobre a muller.

Obxectivos

Máis concretamente, o proxecto proponse:

  1. O estudo da función da muller e das súas representacións no discurso trobadoresco e nas transformacións sociais e mentais a que deu lugar a súa recepción europea.
  2. A creación dunha plataforma activa accesible a través de internet que incorpore o corpus da lírica  románica medieval de voz feminina e unha base de datos para o seu estudo  lexicográfico e  discursivo, que rexistre e catalogue as representacións literarias e iconográficas de figuras femininas asociadas á creación, promoción e divulgación da lírica medieval. Isto permitirá a elaboración do mapa europeo do mecenado feminino.

SUBPROXECTOS

SUBPROXECTO 1

IP 1 COORDINADOR 1: Meritxell Simó

TÍTULO - TITLE: Estudo da canción de muller na lírica galorománica e xermánica e da figura feminina como construtora do espazo sociopoético trobadoresco -Study of women's Song in Galoromance and Germanic Lyrics and of feminine Characters as constructor of sociopoetic troubadoresque space-.

REFERENCIA: PID2019-108910GB-C21

SUBPROYECTO 2

IP 1: Esther Corral Díaz

TÍTULO - TITLE: Voces, espazos e representacións femininas na lírica galego-portuguesa; Voices, spaces and feminine representations in Galician-Portuguese lyric.

REFERENCIA: PID2019-108910GB-C22