Texto
Se eu, amiga, quero fazer ben
a meu amigo, que ben non quer al
se non a mi, dizen que éste mal
mhas amigas e que faço mal sen,
mais non as creo, ca sei ũa ren:
pois meu amigo morre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer
Elas non saben qual sabor eu ei
de lhi fazer ben no meu coraçon
e posso lho fazer mui con razon,
mais dizen logo que mal sen farei
mhas amigas, mais ũa cousa sei:
pois meu amigo morre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer
Eu lhi farei ben e elas verrán
preguntar m’ ante vós por que o fiz
e direi eu “Qual ést’ a que o diz?”
e, pois m’ oíren, outorgar mho an,
ca lhis direi “Mhas amigas, de pran,
pois meu amigo morre por morrer
por mi, meu ben é de lhi ben fazer
E ante lhi quer’ algun ben fazer
ca o leixar como morre morrer
Por lhi falar ben ou polo veer,
non lhi quer’ eu leixar morte prender”