Texto
Madre, pois vós desamor avedes
a meu amigo, por que sabedes
ca mi quer ben, vee-lo ei,
e, se mi vós, madr’, algun ben queredes,
loar mho edes, eu o sei
Por desamor que lhi sempr’ ouvestes,
madre velida, des que soubestes
ca mi quer ben, vee-lo ei,
e, se mi vós, madr’, algun ben queredes,
loar mho edes, eu o sei
Por mui gran coita que á con sigo,
madre velida, ben volo digo
ca, se poder, vee-lo ei,
e, se mi vós, madr’, algun ben queredes,
loar mho edes, eu o sei